domingo, 2 de diciembre de 2012

leyenda "A fonte da galiña"


Lenda ferrolana.


A fonte da galiña

Os restos dos castros sempre chamaron a atención de xentes que vivían
preto deles e que descoñecían a súa historia. Preguntábanse que serían aqueles
muros e quen tería vivido alí. A imaxinación popular tratou de darlle unha  
explicación mediante as lendas, que case sempre coinciden en rodear os castros de
certo misterio e en considerarllos vivendas dos mouros (non no sentido de árabes,
senón como seres rnáxicos).

Do castro de Vilasanche, no concello de Ferrol, hai a seguinte lenda que
aínda relatan os vellos do lugar:


“Contan que hai moito tempo eses restos de parede eran casas habitadas
polos mouros, pero cando eles marcharon quedaron abandonadas. Por alí case
ninguén acudía, pois dicían que no manancial, que ó seu carón brotaba,
 andaba unha meiga polas noites.

Un día, un home atravesouse a se achegar, e veu unha galiña cos pitiños
bebendo na fonte. Estrañouse moito de que estiveran alí, no medio do monte, tan
lonxe de casas habitadas. O achegarse, a galiña e mailos pitos saíron voando e
perdéronse no ceo. Era a meiga, que xa nunca máis volveu. A partir dese
‘momento quedoulle o nome de “fonte da galiña”.




Hai quen asegura que nas noites de lúa chea se pode ouvir, por entre as
Pedras da fonte, o eco do piar dos pitiños e o cacarexo da galiña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario